Hemeroteca
Axenda cultural: Que facer hoxe, 3 de novembro, en Santiago?
- Compartir
O Ateneo aborda o futuro modelo industrial de Galicia
MESA REDONDA . O Ateneo de Santiago acolle hoxe ás 19:30 horas, na Rúa do Vilar, 19, unha mesa redonda titulada Un modelo industrial para Galicia, que contará coa participación de Melchor Fernández Fernández, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, e Daniel Hermosilla Hermida, director executivo do Grupo Rodiñas. O diálogo entre ambos expertos pretende ofrecer unha análise complementaria sobre o presente e o futuro do tecido industrial galego, combinando a visión académica e a empresarial.