Hemeroteca

Francisco Javier Sardina analizará o impacto do coñecemento na economía nunha conferencia do Ateneo de Santiago

O catedrático da USC falará sobre a relación entre a innovación e o desenvolvemento económico no ciclo dos Luns do Ateneo

Compartir

 

Este luns, 21 de outubro, ás 19:30, o Ateneo de Santiago acollerá a conferencia titulada ‘Construíndo Economía dende o Coñecemento‘, a cargo de Francisco Javier Sardina López, catedrático de Química Orgánica da Universidade de Santiago de Compostela. O evento, que terá lugar na sede de Afundación na Rúa do Vilar, 19, está aberto ao público ata completar aforo.

Durante a súa intervención, Sardina analizará o papel esencial que o coñecemento e a innovación teñen na economía moderna. O relatorio explorará como a economía baseada no coñecemento está transformando sectores como a alta tecnoloxía, as telecomunicacións e a investigación científica, facendo fincapé en como estas transformacións contribúen á sostibilidade e melloran a eficiencia empresarial no contexto actual.

Francisco Javier Sardina é un destacado investigador e emprendedor, coñecido polos seus traballos en Síntese Orgánica e polo desenvolvemento de software científico. Fundador de empresas como Mestrelab Research e Celtarys Research, a súa traxectoria inclúe colaboracións con grandes compañías e proxectos de innovación en sectores industriais diversos.

 

Ver en Xornal de Compostela