Hemeroteca

Novo concerto do Ateneo Barroco a cargo do grupo Dolce Rima no Teatro Principal de Santiago

As propostas musicais do luns na capital galega inclúen o recital «Saffo Novella: Solos e dúos de Barbara Strozzi»

Compartir

No apartado musica, hoxe haberá un novo concerto, no marco da programación do Ateneo Barroco, a cargo do grupo Dolce Rima no Teatro Principal de Santiago.

21.00 • Teatro Principal • 10 € • Concerto «Saffo Novella: Solos e dúos de Barbara Strozzi». O ensemble feminino Dolce Rima, formado polas sopranos Laura Martínez Boj e Julieta Viñas Arjona, acompañadas por Xurxo Varela (viola da gamba) e Paula Brieba (tiorba), interpretará unha selección de pezas da compositora veneciana do século XVII, Barbara Strozzi.

 

Ver en La Voz de Galicia