Hemeroteca
‘Palabras para o noso tempo’ no Ateneo
- Compartir
A sede de Afundación (rúa do Vilar, 19) acolle ás 19.30 horas a presentación de Palabras para o noso tempo, unha compilación de 14 discursos do catedrático de Literatura galega e expresidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero, editada por Alvarellos. O evento vai contar coa presenza do autor, a editora Olivia Rodríguez González, e Carmen Blanco Ramos, responsable da transcrición e gravación dos textos, e José Manuel González Herrán, vicepresidente do Ateneo de Santiago, entidade organizadora da presentación. Palabras para o noso tempo pretende reflectir a oratoria pública de Alonso Montero, pola que circulan figuras clave da cultura galega, o exilio ou o antifranquismo.
Ver en El Correo Gallego