Conferencia «Less is Enough. Deben as cidades empezar a decrecer?» de Carlos García Vázquez
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
CONFERENCIA DO ATENEO O LUNS
O luns teremos unha conferencia relacionada co ámbito da arquitectura. O catedrático de Composición Arquitectónica da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade de Sevilla, Carlos García Vázquez, volve por segunda vez ao Ateneo de Santiago o próximo luns, día 27 de maio, para impartir a conferencia titulada ‘Less is enough. Deben as cidades empezar a decrecer?‘. O acto, que se desenvolverá ás 19:30 na sede de Afundación, sita na rúa do Vilar, 19, será de acceso libre e estará presentado polo arquitecto Ángel Panero.
Ante a crise ambiental e o probable esgotamento das enerxías tradicionais, existe na actualidade unha proposta para deixar de asociar o desenvolvemento ao crecemento, considerando os impactos sociais, ambientais e económicos negativos do modelo vixente. Así, nesta conferencia, o arquitecto García Vázquez abordará a cuestión da reciclaxe urbana desde un punto de vista moi innovador como é o da renaturalización das cidades, que defende preservar as áreas urbanas obsoletas como cápsulas biolóxicas.
Carlos García Vázquez, doutor Arquitecto, actualmente é catedrático de Composición Arquitectónica e profesor do máster Ciudad y arquitectura sostenibles na Universidade de Sevilla. Foi profesor visitante en universidades de Estados Unidos, Chile, Arxentina e Italia, comisario de exposicións e membro do comité científico de diversos seminarios de Docomomo Ibérico.
Ver en Xornal de Compostela