Hemeroteca

Ramón Villares fala nos Luns do Ateneo da revolución dos caraveis e o iberismo

O Ateneo de Santiago conmemora os 50 anos da revolución dos caraveis cunha charla Catedrático de Historia Contemporánea, e profesor emérito da USC, Ramón Villares.

Compartir

 

A cita está organizada conxuntamente polo Ateneo e a Asociación Federalista de Galicia. Será as sete e media na Rúa do Vilar 19 e levará por título “O iberismo, onte e hoxe”. Villares falará de este movemento político e cultural xurdido no século XVIII.

O iberismo tivo a grandes defensores a ambos lados da fronteira, entre eles, a personalidades como José Saramago, Miguel de Unamuno, Pi i Margall ou Antero de Quental. Promoveu a unión de España e Portugal e tivo que competir coas aínda vixentes correntes nacionalistas de ambos os dous paises.

Ramón Villares Paz, Catedrático de Historia Contemporánea da USC dende 1987, foi Presidente do Consello da Cultura Galega (2006-2018), Decano da Facultade de Xeografía e Historia (1986-1990), Reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1990-1994) e membro fundador e Presidente da Asociación Española de Historia Contemporánea (1996-2002), así como Director en Galicia da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (1997-2005).

É membro numerario da Real Academia Galega dende 2006 e pertence a varios padroados de centros e fundacións como o Museo do Pobo Galego, a Fundación Juana de Vega, a Fundación Luís Seoane ou o Centro Galego de Arte Contemporánea, entre outros.

Ver en Lindeiros

Eventos relacionados