Hemeroteca
SanArte ofrece este domingo en Santiago o concerto benéfico Paz para Ucraína
A actividade terá lugar no Auditorio Abanca ás 19.00 horas
- Compartir
Día 25 • 19.00 horas • Auditorio Abanca • Desde 10 euros • Santiago acollerá este domingo o concerto benéfico Paz para Ucraína, froito da colaboración de AGA Ucraína, Compostela Solidaria e o Ateneo. O obxectivo é conmemorar o segundo aniversario da invasión rusa e mostrar o apoio ao pobo ucraíno e a solidariedade cos refuxiados. A formación Sandarche actuará en formato orquestra de cordas. Ademais, Soledad Felloza ofrecerá varios poemas. De presentar o acto encargarase Irina Gruia. A recadación irá destinada a comprar audífonos para os que perderon a audición.
As entradas para o evento xa se atopan á venda en Ataquilla.
Ver en La Voz de Galicia