III PREMIO ATENEO CINEDUCA
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
No Ateneo de Santiago entregáronse onte os premios da terceira edición de Cineduca, dentro da Mostra Internacional de Cine e Educación. Houbo proxección das curtametraxes galardoadas, cun primeiro premio para alumnos do instituto Pintor Colmeiro de Silleda polo seu traballo ao redor da voz poética de Luísa Villalta, ademais de outorgarse senllos accésits para o IES Acerbispo Xelmírez I de Santiago e para o CEIP Plurilingüe de Tenorio, en Cerdedo-Cotobade.
Ver en La Voz de Galicia