Hemeroteca

Conferencia «Música clásica no ámbito público» de Baldur Brönnimann

O director da Real Filharmonía de Galicia estará hoxe nos luns do Ateneo impartindo unha conferencia sobre música clásica

Compartir

 

Este luns ás 19.30 h o Ateneo de Santiago, ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia titulada «Música clásica no ámbito público. Ideas para o século XXI», que estará impartida por Baldur Brönnimann, Director da Real Filharmonía de Galicia.

A relevancia das orquestras sinfónicas e do seu repertorio é unha idea que provén do idealismo alemán de principios do século XIX. Dende entón e, sobre todo, a partir da segunda metade do século pasado, constituíronse orquestras públicas en todo o mundo, converténdose, moitas delas, en institucións culturais de referencia. Hoxe, as orquestras, como o resto de organizacións do ámbito da cultura, enfróntanse ao desafío de adaptarse ás novas realidades da actualidade. Partindo do exemplo da Real Filharmonía de Galicia, o conferenciante presentará ideas e estratexias que sirvan para conectar as orquestras co mundo do presente de do futuro.

Ver en El Correo Gallego

Eventos relacionados