Compositores, xéneros e contextos (Ateneo Barroco 2023)
Igrexa da Universidade, Salón Teatro e Teatro Principal
Un ano máis o Ateneo de Santiago organiza do 3 ao 25 de outubro o Festival de Música Antiga e Barroca máis coñecido como Ateneo Barroco.
Desde onte martes están xa a venda as entradas do Ateneo Barroco, a un prezo de 10 euros. Os pases de esta quinta edición podense adquirir a través das páxinas web da entidade e do propio Festival, www.ateneodesantiago.gal e www.festivalateneobarroco.gal.
Do mesmo xeito, continúan á venda nas mesmas plataformas os abonos que dan acceso aos seis concertos a un prezo reducido de 40€.
A programación do Ateneo Barroco 2023 está centrada no punto de vista da e do intérprete, reivindicando a transcendencia da súa figura con artistas de primeiro nivel como as cantantes Jone Martínez e Vanesa Muela, a violinista Lina Tur Bonet e o seu grupo Musica Alchemica, os clavecinistas Kenneth Weiss e Andrés Alberto Gómez, co seu conxunto La Reverencia, ou os galegos Sara Ruiz, Camerata Boccherini de Massimo Spadano e Ars Atlántica de Manuel Vilas.
Programación anual
O Ateneo de Santiago presentaba hai unha semana a programación 2023 – 2024 da entidade. O Presidente da entidade, Manuel López-Rivadulla, subliñou o inicio das actividades previsto para o vindeiro 2 de outubro coa conferencia dos Luns do Ateneo “Unha mirada europea sobre o futuro das universidades españolas” do Catedrático da Universidade Politécnica de Madrid, Francisco Michavila.
Posteriormente, levaranse a cabo conferencias impartidas polo Doutor Antonio Gómez Caamaño (sobre protonterapia, 30 de outubro), a Presidenta do Museo do Pobo Galego Concepción Losada (6 de novembro), o Bioquímico Fernando Calvo González (13 de novembro) e o Director da Real Filharmonía de Galicia Baldur Brönnimann (20 de novembro), entre outros, así como unha mesa redonda sobre a relación de Cambó con Galicia con Borja de Riquer, Ramón Villares e X.M. Núñez Seixas (23 de outubro).
A continuación, o Vicepresidente Francisco Candela presentou a quinta edición do Festival de Música Antiga e Barroca (Ateneo Barroco), salientando «a consolidación deste Festival único en Galicia que programa seis concertos e que, nesta ocasión, contará co apoio do Instituto Nacional de Artes Escénicas e Música (INAEM), ademais do da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Santiago, a Universidade de Santiago e a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)».
Ver en Lindeiros
Igrexa da Universidade, Salón Teatro e Teatro Principal
Salón Teatro
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Teatro Principal
Teatro Principal
Salón Teatro
Igrexa da Universidade
Igrexa da Universidade