Hemeroteca

O Ateneo abre a II Mostra Internacional de Cine e Educación

Compartir

 

O Ateneo de Santiago inaugura hoxe a segunda edición da Mostra Internacional de Cine e Educación (Cineduca) coa proxección da película Nin un menos (Yi ge dou bu neng shao), de Zhang Yimou, á que lle seguirá mañá El chamoume Malala (He named me Malala), de Davis Guggenheim. Ambas as dúas sesións, de acceso libre ata completar a capacidade da sala, terán lugar ás 19.00 horas na sede de Afundación da rúa do Vilar e serán presentadas e comentadas, respectivamente, por Xosé Armas, director do Departamento de Didácticas aplicadas da Universidade de Santiago, e pola psicóloga Juana María Otero. Cineduca terá lugar ao longo de todo marzo, incluíndo a proxección e análise dun total de seis películas de temática educativa mesas redondas, conferencias e o fallo II Premio Ateneo Cineduca, no cal se seleccionarán varias pezas audiovisuais realizadas nos centros de ensino galegos para a súa visualización na xornada de clausura (28 de marzo). Construído arredor do eixo temático de Outras realidades educativas, o obxectivo é mostrar experiencias educativas moi diferentes ás da nosa contorna. Nin un menos (China.1999) conta a historia dunha nena de 13 anos obrigada a substituír un mes ao mestre dunha aldea das montañas chinesas.

Ver en El Correo Gallego

Eventos relacionados