Hemeroteca

O II Premio Ateneo Cineduca entregarase hoxe no Teatro Principal

Compartir

 

O Ateneo de Santiago clausura hoxe no Teatro Principal a segunda edición da Mostra Internacional de Cine e Educación coa entrega do Premio Ateneo Cineduca. dirixido a todos os niveis educativos. A partir das 19.00 horas proxectaranse as catro curtametraxes seleccionadas de entre todos os traballos presentados polos diferentes centros educativos galegos: “Spiderman e eu” do CEIP Eusebio da Garda da Coruña, “ConcienciAcción polo clima” do IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago, “La Chica de la Ventana” do Centro Escolapios de Monforte de Lemos e “Mellor docente do ano” do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro de Silleda.

Tras a visualización destas obras, anunciarase a adxudicación do primeiro premio, dotado con mil euros, e o accésit, de cincocentos euros, que os centros educativos deberán dedicar a equipamento audiovisual, así como dúas mencións honoríficas. Todos eles contarán, ademais, con pezas conmemorativas e diplomas acreditativos.

Ler en El Correo Gallego

Eventos relacionados