Compositores, xéneros e contextos
Paraninfo da Universidade, Igrexa da Universidade, Teatro Principal e Salón Teatro
Compostela, 13 de setembro do 2022 – A cuarta edición do festival Ateneo Barroco celebrarase en Compostela do 4 ao 24 de outubro próximos.
O Ateneo de Santiago organiza un ano máis esta cita en torno a música antiga. O Ateneo Barroco 2022 pon o foco na creación e a composición baixo o lema “Xenios Singulares: compositoras e compositores, os impulsos da creación”.
Na programación de este ano poderanse atopar artistas pouco coñecidos pero que merecen unha páxina na historia da música antiga. Isabella Leonarda, Josquin Desprez, Tobias Hume e Sebastián Durón son os autores arredor dos que xira a programación 2022.
Unha das compositoras máis singulares é a relixiosa italiana Isabella Leonarda, un dos piares dos contidos de esta edición. Nada no seo dunha familia nobre, Isabella Leonarda (1620-1704) viviu toda a súa vida no convento de Santa Orsola da súa cidade natal, Novara, cenobio no que ingresou con 16 anos, no que se formou musicalmente e no que produciu unha obra enteiramente sacra.
Destacan as súas sonatas da chiesa e os seus motetes que, cando se compren 400 anos do seu nacemento, recupéranse na voz da soprano milanesa Roberta Invernizzi e o cuarteto vocal barcelonés especializado en polifonía renacentista Qvinta Essençia, coa concepción e dirección musical do compostelán Manuel Vilas.
Non menos importantes serán os interpretes, moitas veces recuperadores, que participarán no Ateneo Barroco. As cantantes Roberta Invernizzi, María Cristina Kiehr e Núria Rial. Os conxuntos Accademia del Piacere, Armonia Concertada, Qvinta Essençia e Capela Compostelana e os músicos e directores destes proxectos musicais Fahmi Alqhai, Ariel Abramovich, Manuel Vilas e Francisco Luengo.
No Ateneo Barroco 2022 mantense unha variedade de estilos que inclúe música sacra, ópera, música de cámara e para teclado, etc., na que a voz volve a ser protagonista. Viaxarase musicalmente polo occidente de Europa dende finais do século XV até mediados do século XVIII: Italia, España, Flandes e as Illas Británicas.
Ver en Lindeiros
Paraninfo da Universidade, Igrexa da Universidade, Teatro Principal e Salón Teatro
Salón Teatro
Teatro Principal
Igrexa da Universidade
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia)
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela