Hemeroteca

Exitosa ponencia de Juan Carlos Permuy no Ateneo

Compartir

 

ADICCIÓN. O Ateneo de Santiago acolleu onte unha conferencia do psicólogo e educador social Juan Carlos Permuy, que tivo por título Adiccións non tóxicas: o impacto das novas tecnoloxías en nenos e adolescentes. O experto foi presentado por Antón Porteiro, en representación do Ateneo. O experto expuso o uso problemático da internet e as redes sociais que afecta ao día a día dos nenos e adolescentes así como dos seus familiares, impactando no seu benestar, saúde mental, convivencia e satisfacción coa vida. Juan Carlos Permuy Bermúdez é experto en drogodependencias pola Universidade Complutense de Madrid. Está especializado en técnicas de psicoterapia con adolescentes e as súas familias. ECG

Ler en El Correo Gallego

Eventos relacionados