Hemeroteca

24 horas de compostela

Compartir

 

Galardón para os xornalistas Andrea Oca e Manuel Varela

CULTURA. A que foi compañeira desta casa, Andrea Oca Domínguez, recibiu o accésit da quinta edición dos Premios Alfredo Vicenti 2021, promovido polo Ateneo de Santiago, polo seu traballo Acollemento familiar a menores: moito máis que un teito, artigo publicado en EL CORREO GALLEGO o pasado 21 de febreiro.

O Premio Alfredo Vicenti 2021 foi nesta ocasión para Manuel Varela Fariña, polos seus artigos Los más jóvenes de Galicia recuperan casas centenarias entre montañas e El concello con más aldeas vacías, publicados nun xornal da Coruña o 26 de setembro e o 11 de abril de 2021, respectivamente.O xurado destacou a calidade das obras presentadas nesta ocasión, así como o traballo do ente.

A xornalista compostelana agradeceu o accésit e explicou que, cando se ten unha historia tan importante como a súa, dá igual o xornalista que a escriba, o que importa é que as persoas que están a pasar por unha situación similar non se sintan soas.

A maiores, tamén se presentaron as bases da nova convocatoria. O prazo de presentación das obras finalizará o 31 de outubro e o fallo do xurado darase a coñecer o 20 de novembro, data do aniversario do nacemento de Alfredo Vicenti. ECG

Ler en El Correo Gallego

Eventos relacionados