Hemeroteca

O Ateneo de Santiago conmemora o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo

As celebracións concluirán o día 18 de decembro cun acto musical

Compartir

 

O Ateneo de Santiago puxo en marcha os actos en conmemoración do centenario do nacemento do intelectual galego Isaac Díaz Pardo, celebración que se manterá ata mediados do mes de decembro, malia verse moi afectada polas restricións sanitarias.

Así, a inauguración prevista do salón de actos da entidade, designado co nome do artista pola Asemblea Xeral do Ateneo, tivo que ser cancelada, mais iso non impediu que se instalara unha placa conmemorativa, que reproduce a tipografía deseñada polo homenaxeado, inmortalizando desta maneira ao ilustre compostelán. Un dos actos que si puido ser levado a cabo desta homenaxe foi a presentación da edición facsimilar do libro Unha presa de dibuxos feitos por Isaac Díaz Pardo de xente do seu rueiro, editado para a ocasión polo Ateneo coa colaboración da Deputación da Coruña.

Dita obra é unha das máis orixinais e descoñecidas do autor, cuxo impacto na dinamización da cultura galega en xeral e da compostelá en particular durante o último século foi indispensable, pois Díaz Pardo foi, xunto con Luís Seoane, o promotor de grandes proxectos de modernización cultural de Galicia, como foron Sargadelos, o Laboratorio de Formas e o Museo Carlos Maside. As celebracións do centenario promovidas polo Ateneo de Santiago concluirán o día 18 de decembro cun acto musical. 

Ler en Galicia Diario

Eventos relacionados