Hemeroteca

O Ateneo de Santiago celebra o día das escritoras

Este luns día 18 haberá unha conferencia arredor das poetisas Xohana Torres e Luz Pozo Garza

Compartir

 

Este luns, 18 de outubro, ás 20.00h o Ateneo de Santiago ten programada unha conferencia titulada «Luz Pozo Garza e Xohana Torres. Ler dúas escritoras diferentes», impartida por Carmen Blanco, Escritora e profesora da Universidade de Santiago de Compostela.

A ponencia desta semana, que se celebra na sala da Rúa do Vilar, 19, co gallo do Día das Escritoras, iniciativa da Biblioteca Nacional para dar visibilidade ás mulleres escritoras, xirará arredor de dúas grandes poetisas galegas, Luz Pozo Garza e Xohana Torres, autoras comprometidas coa lingua galega durante o franquismo e que colaboraron para que a literatura galega fose normalizada.

Carmen Blanco é autora de poesía, narrativa e ensaio, rompendo en moitos casos o límite entre estes xéneros. Como ensaísta, publicou obras sobre poder, memoria, muller, sexo e cultura, entre as que destacan Literatura galega e muller;Nais, damas, prostitutas e feirantas, ou Mulleres e independencia. Tamén editou tradicións de poesía galega e numerosas monografías e edicións de autores galegos. Como poetisa destaca por obras como Estraña estranxeiraUn mundo de mulleres e Lobo amor, mentres que como narradora é coñecida pola recreación de contos clásicos con Vermella con lobos ou a novela de microrrelatos Atracción total.

Ler en Compostela 24 horas 

Eventos relacionados