Hemeroteca

Premio de Xornalismo no Ateneo de Santiago

Compartir

CULTURA. O pasado 15 de marzo o Ateneo de Santiago publicou a convocatoria da cuarta edición do Premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti. Para participar as persoas deberán ter o xornalismo como principal medio de vida e ser autoras dos traballos, os cales deberán contribuír a promover un debate cívico sobre asuntos de interese social, favorecendo o espazo público para mellorar a calidade de vida. O prazo de presentación destes traballos, que se deberán remitir, xunto ao formulario de inscrición, ao enderezo do Ateneo de Santiago, concluirá ás 20 horas do 31 de outubro. O xurado estará formado por representantes do Ateneo, dunha Organización Profesional de Xornalistas, da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e das institucións patrocinadoras, así como pola gañadora da pasada edición, a xornalista Adela Bértolo. O gañador darase a coñecer o 20 de novembro, data do aniversario do nacemento de Alfredo Vicenti. ECG

 

Ver en El Correo Gallego