Instrumentos, xéneros e contextos
Paraninfo da Universidade, Igrexa da Universidade, Salón Teatro e Teatro Principal
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe nos primeiros actos desta cita que se celebrará durante o mes de outubro con concertos e charlas
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe á conferencia inaugural O Eterno (e invisible) camiño da voz humana a través do mito. De Arión a Pedro Almodóvar de Roberto Relova, no marco do ciclo Ateneo Barroco organizado polo Ateneo de Santiago co apoio da Xunta.
O festival celebra a súa terceira edición que inclúe concertos e distintas actividades complementarias dentro do obxectivo compartido coa Xunta de Galicia de reactivar e apoiar o sector musical en todos os xéneros. O venres 8 de outubro será a quenda de O Harmónico Certame, no Paraninfo da Universidade ás 20,30 horas e o mércores 13 de outubro, O itinerario medieval do trobador, na Igrexa da Universidade ás 20,00 horas. O Salón Teatro acollerá o concerto Breathtaking o venres 15 de outubro ás 20,00 horas e o venres 22 será a quenda de Europa Galante no Teatro Principal.
De xeito paralelo, esta cita, incluirá tamén charlas e encontros cos artistas en cada concerto os días 8, 13, 15 e 22 de outubro ás 20,00 horas, entre outras actividades.
Ver na web da Xunta
Paraninfo da Universidade, Igrexa da Universidade, Salón Teatro e Teatro Principal
Teatro Principal
Salón Teatro
Igrexa da Universidade
Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia)
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela