Hemeroteca

Achegamento da APSC e o Ateneo para realizar actividades en Santiago

Os seus presidentes asinaron un convenio de colaboración a favor da cidade e a sociedade

Compartir

 

Santiago. O achegamento entre o Ateneo e a Asociación de Periodistas de Santiago co fin de realizar diversas actividades que beneficien á sociedade civil compostelana e o obxectivo do convenio que asinaron ambas entidades.

Manuel L. Rivadulla e Luís Menéndez, presidentes, respectivamente do Ateneo de Santiago e a Asociación de Periodistas de Santiago-FAPE rubricaron o acordo colaborativo para acadar un maior achegamento entre eles. Esta colaboración acaba de formalizarse a través da firma do convenio. Con todo, o seu traballo conxunto na cidade conta cun longo percorrido.

Así, ambas asoaciacións selaron unha serie de compromisos colaborativos entre os que están a convocatoria anual do Premio de Periodismo Cívico Alfredo Vicenti, e na mesma liña, o Ateneo e a APSC reivindicarán de forma conxunta a figura deste xornalista compostelán do século XIX a través da colocación dunha placa co seu nome na casa onde naceu en 1850.

Ademais desta homenaxe, tamén colaboran a través da participación e fomento da emisión de Radio Ateneo. Así, a firma deste acordo tamén implica o apoio á programación do Centro Internacional de Prensa de Compostela, que xestiona a APSC-FAPE.A través desta institucionalización do acordo, ambas asociacións teñen previsto continuar coa celebración de actividades con apoio mutuo.

Neste caso, as próximas actuacións previstas están programadas para comezar a partir do mes de setembro deste ano. A primeira delas será a homenaxe do escritor e xornalista Victoriano García Martí (Pobra, 1881-Santiago, 7 de julio de 1966).

O acordo, que se viña xestando con carácter informal, permitiulles colaborar en diversas actividades xerando a posta en común de dúas entidades locais en beneficio da cidade de Santiago.

 

Ler en El Correo Gallego