Hemeroteca

A lei de eutanasia nos Luns do Ateneo

Este luns 26 de abril ás 20h o Ateneo de Santiago ten programada unha mesa redonda con Fernando Vázquez-Portomeñe e Luis Masa

Compartir

Este luns 26 de abril ás 20.00h o Ateneo de Santiago ofrece unha mesa redonda titulada «A Lei de Eutanasia: Claves xurídicas e sanitarias», na que participarán o Profesor Fernando Vázquez-Portomeñe e Luis Masa, responsable da Unidade de Hospitalización a Domicilio (HADO) do CHUS.

O pasado 18 de marzo o Congreso de Deputados aprobou definitivamente a Lei de Eutanasia. España converteuse así, xunto con territorios veciños como Bélxica e Luxemburgo, nun dos primeiros países en regular o denominado “dereito a morrer dignamente”. Con todo, a novidade da norma e do procedemento fai que existan determinadas dúbidas arredor dela, tanto no ámbito xurídico como no sanitario. Sobre estas debaterán ambos conferenciantes.

Fernando Vázquez-Portomeñe Seijas é Profesor de Dereito Penal e Director do Instituto de Criminoloxía da USC. Tamén dirixe a revista "Estudios Penales y Criminológicos". Por outro lado, Luis Masa é Profesor Asociado de Ciencias da Saúde da USC e Xefe da Sección de Medicina Interna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Ata o ano 2019 foi responsable da Unidade de Coidados Paliativos do CHUS, dende a súa apertura en 2007, e actualmente é responsable da súa Unidade de Hospitalización a Domicilio (HADO), cargo que desempeña dende o ano 1995.

Debido ás restricións sanitarias, a esta conferencia só se poderá asistir por medio da plataforma Zoom, a páxina webwww.ateneodesantiago.gale as seguintes redes sociais do Ateneo:

Youtube:Ateneo de Santiago
Facebook:Ateneo Santiago
Twitter:@AteneoSantiago

Ver en Compostela 24 horas

Eventos relacionados