Hemeroteca

Matemáticas e o futuro das linguas, nos "Luns do Ateneo"

Compartir

 

O luns 12, ás 20:00 horas, o Ateneo de Santiago ofrece unha conferencia titulada «Matemáticas, Linguas e outros asuntos» que estará impartida por Victoria Otero, Catedrática de Matemáticas da USC.

Na actualidade estanse a empregar modelos matemáticos para estudar a evolución das distintas linguas. Estes modelos, de carácter poboacional, permiten coñecer se os falantes de determinado idioma están aumentando ou se, pola contra, a supervivencia de dita lingua se atopa en perigo. Así  pois, a conferenciante dará conta dalgunhas destas investigacións.

Victoria Otero Espinar é licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, tendo realizado a súa tese doutoral baixo a dirección dos doutores Charles Tresser (Universidade de Nice e Centro de Investigación IBM en New York) e Fernando Costal (USC) en 1992, sobre os Sistemas Dinámicos discretos. Entre 2009 e 2017 ocupou o cargo de Decana da Facultade de Matemáticas da USC e é membro do Consello de Goberno e do Consello Científico do Instituto de Matemáticas da USC, así como de sociedades profesionais e outras asociacións científicas.

Ver en Galicia Diario

Eventos relacionados