Hemeroteca

Xosé M. Núñez Seixas fala do Pazo de Meirás nos Luns do Ateneo

Compostela, 19 de marzo do 2021 – O Pazo de Meirás será o eixe central da conferencia que este luns acolle o Ateneo, impartida por Xosé M. Núñez Seixas, Catedrático de Historia Contemporánea da USC.

Compartir

O evento do Ateneo comezará coma sempre as oito da tarde. O título da charla é “De ditadores e tumbas. Unha ollada sobre o uso histórico dos lugares de memoria totalitarios, 1945-2020”.

Acontecementos como a exhumación de Franco do Val dos Caídos o pasado 2019 ou a recente expropiación do Pazo de Meirás á familia Franco abriron o debate sobre que facer cos lugares de memoria vencellados intimamente á biografía dos ditadores e como resignificalos. O conferenciante tratará estes asuntos cunha perspectiva comparada, pois non é un debate exclusivamente español, senón que é aplicable a outros países europeos.

Xosé M. Núñez Seixas é Catedrático de Historia Contemporánea na USC e Doutor de Historia Contemporánea polo Instituto Universitario Europeo de Florencia. Forma parte dos consellos de redacción das revistas Historia Social e Passato e Presente. Ademais, dende 2018 é Vicepresidente do Consello da Cultura Galega. Está especializado no estudo comparado dos nacionalismos europeos e ibéricos, así como nos estudos migratorios e na historia cultural da violencia.

Ler en Lindeiros

Eventos relacionados