Inauguración da exposición «Dona Emilia e Compostela»
Salón Nobre do Colexio de Fonseca
O Ateneo de Santiago inicia os actos conmemorativos do centenario da morte de Emilia Pardo Bazán coa inauguración dunha exposición e unha charla.
A mostra abrirá este xoves día 4, ás 20.00 horas, en Fonseca. O seu obxectivo é mostrar a presenza da escritora na cidade, con visitas, estancias, amizades, recordos e testemuños, así como a pegada de Compostela na súa obra. Para asistir á inauguración é necesario inscribirse previamente. Está prevista a distribución do libro «O vidro roto», unha recompilación de 46 contos escritos pola autora.
Ademais, o luns 8 de marzo, ás 20.00 horas, terá lugar a conferencia «Dona Emilia entre a hostilidade e o ridículo» a cargo de Marina Mayoral. Poderá seguirse a través das redes sociais do Ateneo.