Conferencia «A revolución circular: auga e residuos como inmensas fontes de recursos» de Alberto Sánchez
Zoom, Youtube, Facebook e Twitter
Hoxe • En streaming • 20 horas • O Ateneo de Santiago presentará esta tarde unha conferencia titulada «A revolución circular: auga e residuos como inmensas fontes de recursos», ao cargo do director da Fundación Centro Galego de Investigacións de Auga (Cetaqua Galicia), Alberto Sánchez, que se poderá seguir nas súas redes sociais.
A charla desbotará o valor negativo da palabra «residuo» e abordará un modelo de circularidade que permitirá, nun futuro próximo, converter os residuos sólidos e as augas residuais en recursos. Tamén se falará de tecnoloxías que xa os transforman en recursos enerxéticos e mesmo en novas materias primas verdes para procesos xeradores de plásticos biodegradables, combustibles ou aditivos para fármacos.
Ver en La voz de Galicia