Hemeroteca

Os efectos da Pandemia nos "Luns do Ateneo"

Compartir

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O luns 25 de xaneiro, ás 20:00 horas, o Ateneo de Santiago ofrece unha conferencia titulada 'Comportamento social en tempos de crise e pandemia', que será impartida por José Manuel Sabucedo, Catedrático de Psicoloxía Social e Premio de Investigación de Galicia..

A pandemia trouxo consigo innumerables cambios para todos e cada un de nós: tivemos que adaptarnos a novas medidas que se fixeron imprescindibles para a contención do virus e, xa que logo, vímonos na obriga de cambiar o noso comportamento e esquecernos de certos hábitos que formaban parte do no noso día a día. Así pois, na charla abordarase o análise dos procesos psicosociais e factores contextuais que favorecen ou dificultan a asunción dos comportamentos de prevención da Covid, así como algunhas das consecuencias sociais e políticas que se poden derivar da pandemia.  

José Manuel Sabucedo Cameselle é catedrático de Psicoloxía Social na USC, coordinador do grupo SOSOYPA e membro da asociación estratéxica CRETUS. Recibiu o Premio Galicia de Investigación (2006) e o Premio da Real Academia Galega das Ciencias (2020). Foi promotor e primeiro presidente da Sociedade Científica Española de Psicoloxía Social (SCEPS), e editor da International Journal of Social Psychology. A súa labor investigadora céntrase no estudo de procesos psicosociais básicas e na súa aplicación a diferentes ámbitos aplicados: conduta política e medio ambiente. Dirixiu 21 Teses de doutoramento, liderou o participado en 19 proxectos de investigación internacionais, estatais e autonómicos e editou 19 libros, 25 capítulos e máis de 100 artigos en revistas académicas.

 

Ler en Galicia Diario