Hemeroteca

14 traballos optan ao Premio 'Alfredo Vicenti' do Ateneo de Santiago

O xurado avaliará as propostas o vindeiro mércores día 18

Compartir

A terceira edición do Premio Xornalismo Cívico Alfredo Vicente organizado polo Ateneo de Santiago vén de pechar o prazo de presentación de traballos coa aceptación dun total de 14 pezas correspondentes a 8 participantes.

O xurado encargado de seleccionar o traballo gañador reunirase o próximo mércores día 18, ás 17h, para avaliar todas as solicitudes e escoller aquela que será dotada co premio de 1.000€ e un recordo conmemorativo.

Dito xurado estará presidido por Manuel López-Rivadulla, Vicepresidente do Ateneo, e composto por Mercedes Rosón, representante do Concello de Santiago, Xurxo Couto, representante da Deputación da Coruña, Xosé Ramón Pousa, Decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Montserrat Dopico, gañadora da última edición do Premio, Antón Porteiro, representante da Sección Sociedade da Información do Ateneo, e José Francisco Rodil, representante da Asociación de Periodistas de Santiago.

O galardón será entregado nun acto público que terá lugar o vindeiro mes de decembro.

Ver en Compostela 24 horas