Hemeroteca

Constitúese en Santiago a Federación de Ateneos de Galicia

Compartir





Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2019





Este xoves tivo lugar en Santiago unha nova xuntanza de Ateneos de Galicia, onde quedou constituída a asociación “Federación de Ateneos de Galicia”, na que se viña traballando dende marzo do pasado ano, cando se formalizou un convenio de colaboración entre as entidades promotoras desta nova institución. No acto de constitución, que se oficializou mediante a sinatura da actafundacional así como dos Estatutos da nova entidade, participaron representantes dos Ateneos de Santiago, Ferrolán, Santa Cecilia de Marín, Moaña, Atlántico de Vigo, Ourense e Pontevedra. Na nomeada acta fundacional foi recollida a designación, como órgano degoberno provisional da Federación, unha Xunta Directiva conformada por Francisco Javier Montero Dongil como Presidente, Xulio Pardellas de Blas como Vicepresidente, Francisco Candela Castrillo como Secretario, Antón Porteiro Lago como Tesoureiro e Anxo Cabada Álvarez, Pablo Santiago Fernández Prieto, Xaime Domínguez Toxo e Xosé Collazo Castro como Vogais. Do mesmo xeito, neste documento tamén se inclúe o mandato desta nova directiva ao Secretario para “formalizar o proceso de constitución diantedas distintas administracións e institucións públicas”. Pola súa banda, nos Estatutos que rexerán a Federación de Ateneos de Galicia, aprobados polos presentes, establécese o domicilio social no local do Ateneo de Santiago, ata que se conte con sede propia, así como o fin defuncionar “como un espazo de encontro, diálogo, cooperación e axuda entre os Ateneos que formen parte da mesma” e “de impulso de realización de actividades conxuntas preferentemente no ámbito xeográfico de Galicia”.