Hemeroteca

O cambio climático abre o ano de conferencias no Ateneo de Santiago

Compartir

Compostela, 11 de xaneiro do 2020 – O Ateneo de Santiago retoma a actividade despois do parón de Nadal e faino cunha charla de Susana bayo sobre cambio climático.





A cita está dentro do ciclo Os Luns do Ateneo e terá lugar coma sempre ás 20.00h na Rúa do Vilar, 19. Os problemas do cambio climático e os avances da COP, a Convención marco das Nacións Unidas sobre estes temas, nos últimos 25 anos serán o centro da charla. A COP está formada por 190 países e ten por obxecto lograr a estabilización dos gases de efecto invernadoiro na atmosfera para que os ecosistemas poidan adaptarse sen perigo.





Susana Bayo Besteiro





A conferenciante Susana Bayo é investigadora predoutoral na facultade de Ciencias da Universidade de Vigo, licenciada en física e máster en xestión da calidade e do medio ambiente. Asemade, foi Concelleira de Transporte e Medio Ambiente no Concello de Ourense entre 2011 e 2015 e técnica en innovación e desenvolvemento sostible en Climadaptación S.L.









Ver en Lindeiros