Hemeroteca

Juan Requejo fala da transformación de Santiago no próximo Luns do Ateneo

Compartir

Compostela, 18 de xaneiro do 2020 – O próximo luns, 20 de xaneiro, o Ateneo de Santiago, dentro do seu ciclo dos Luns do Ateneo, acolle a conferencia de Juan Requejo sobre a transformación da cidade Santiago.





Juan Requejo é Consultor de Planeamento territorial e urbano. A súa charla leva por título “A cidade de Santiago como sistema vivo, unha estratexia de sustentabilidade”. O acto, que terá lugar como todos os luns, ás 20.00h, na Rúa do Vilar, 19, e fará un percorrido por toda a evolución da cidade de Compostela, á vez que avogará por propostas en colaboración cos cidadáns para unha mudanza en clave de sustentabilidade.





Tamén tomará importancia o plan de xestión do casco histórico compostelán, cuxa elaboración foi asumida polo propio Requejo, e que ten por obxectivo a repoboación da zona vella.









O conferenciante é consultor de Planeamento territorial e urbano, Máster en Economía xeral e Xeografía, ademais de Fundador e Director de At Clave. Asesorou a diversos organismos internacionais e a gobernos de varios países e diferentes entidades públicas e privadas de España e dirixiu máis de 40 plans en materias como o desenvolvemento territorial e local, industria, enerxía, ordenación do territorio, urbanismo, turismo e medio ambiente.





Ver en Lindeiros