Hemeroteca

A arte da novela realista a través de Pérez Galdós, nos Luns do Ateneo

Compartir





Este luns ás 20.00h, no número 19 da Rúa do Vilar, o Catedrático de Literatura Española da Universidade de Barcelona, Adolfo Sotelo, impartirá unha conferencia titulada «Benito Pérez Galdós e a arte da novela realista», organizada pola sección Arte, Educación e Cultura do Ateneo de Santiago para conmemorar o centenario do falecemento do escritor.





A figura de Benito Pérez Galdós é considerada unha das maiores
representacións do Realismo Español. É un autor que manifesta na súa obra a súa
condición progresista enfrontando a personaxes conservadores con personaxes con
ideas avanzadas, facendo que se toquen temas como a crítica social, a relixión
ou a política. Unha das súas maiores representacións narrativas son os Episodios Nacionales, que narran a
historia de España dende a batalla de Trafalgar até a Restauración Monárquica.





O relator do acto, Adolfo Sotelo Vázquez, é catedrático de Historia da Literatura Española na Universidade de Barcelona e Director da Cátedra Universitaria Camilo José Cela de Estudos Hispánicos en Madrid. Tamén é autor de numerosas publicacións arredor do pensamento e da literatura española da segunda metade do século XIX e do primeiro terzo do XX.





Ver en Compostela 24 horas