Hemeroteca

O Ateneo abre de novo o Club de lectura por videoconferencia

Compartir

O pasado martes o Ateneo de Santiago reanudou as sesións do Club de  lectura de xeito telemático por medio da aplicación de videochamadas Skype.





Na primeira sesión a distancia na historia do Club de lectura, dirixida pola coordinadora Raquel Blanco, comentouse a obra de narrativa Seique da galega Susana Sánchez Aríns. A experiencia resultou moi positiva, de tal xeito que se posibilita a continuidade dunha actividade cultural que estaba programada pola entidade ata o vindeiro mes de xuño.









Conforme comunicou o Ateneo de Santiago o pasado mes, ante as medidas adoptadas polas autoridades sanitarias en relación á crise do Coronavirus, a Xunta Directiva da entidade decidira cesar as actividades programadas e pechar as súas instalacións. En principio estaba previsto reanudar estes actos despois da Semana Santa pero, debido ás novas anunciadas nos últimos días, esta interrupción permanecerá, como mínimo, ata o 30 de abril.





Sen embargo, a entidade non quere deixar de prestar servizo, tanto aos ateneístas como a todos os composteláns, e pretende manter a promoción e difusión da educación, a ciencia e a cultura, como xa fixo anteriormente coa posta á disposición de todo o seu catálogo de conferencias e outros eventos, adaptando algunhas das súas actividades á nova situación. Do mesmo xeito, continuará mantendo a comunicación activa a través da súa web, o enderezo ateneo@ateneodesantiago.com e o teléfono 622 274 110.





Ver en Lindeiros