Hemeroteca

Dende o Ateneo de Santiago

Compartir

CUN ÉXITO SOBRESAÍNTE estanse a cumprir os dous anos nos que a actual directiva se fixo cargo da xestión do Ateneo de Santiago na que participa de xeito destacado a organización ateneísta en actividades propias, e tamén co fin de seguir traballando en rede con outras entidades e institucións compostelás, como se ven facendo ata o de agora, que permitan abordar a realización de novas funcións máis complexas e asumibles financeiramente. Contribuíndo a elevar a conciencia de cidadanía e de compromiso cos problemas e necesidades de Santiago a través de actuacións que posibiliten a súa toma en consideración polos poderes institucionais e públicos.





E, como xa se ten escrito, abrir un novo campo de traballo coa posta en marcha do Ateneo solidario, así como definir con todos os ateneístas da maneira máis estreita, unha continuada e máis eficiente comunicación que nos permita, cos novos medios tecnolóxicos, contar con todas as opinións e ideas para o mellor cumprimento dos nosos obxectivos como sociedade cultural. Cos últimos datos analizados na páxina web e nas redes sociais do Ateneo de Santiago (Facebook, Twitter, Instragram e YouTube) elaborouse un informe que amosa a situación na que se atopa agora mesmo o Ateneo en canto a súa comunicación co público No caso das redes e a páxina web o público alcanzado é cada vez maior.





Actualmente (finais de marzo) Instragram conta con 404 seguidores, un 28,34% deles de entre 35 e 44 anos, ampla maioría mulleres e nun 55,59% de Santiago de Compostela. Os seguidores de Instagram foron aumentando ata agora e a tendencia é que o siga facendo. No caso de Facebook, conta con 599 seguidores, igual que Instagram, en tendencia de aumento. Na súa maioría son tamén mulleres, como no caso de Instagram, aínda que con menor diferencia. Neste caso a franxa de idade aumenta, sendo o rango maioritario entre os 45 e os 54, xa que o público ao que vai dirixido Instagram é máis novo que Facebook. Do mesmo xeito que en Instagram, máis da metade dos seguidores son de Santiago. En Twitter, a rede social máis seguida e interactuada do Ateneo, ten actualmente 826 seguidores e sigue como o resto das contas, en aumento.





YouTube, aínda é só utilizado para difundir vídeos dos actos e conferencias, conta con 98 seguidores. No cando das visualizacións dos vídeos, existe un claro aumento nas últimas semanas, posiblemente polo anuncio das conferencias ofertadas en vídeo (co gallo do confinamento). Non podemos coñecer un perfil exacto da audiencia de YouTube, xa que o feito de que non haxa que ter unha conta para ver os vídeos faga que todos os usuarios sexan “anónimos”.





Como conclusión debemos reforzar, entre os contidos publicados polas redes, as fotografías de actos e visitas. Tratar as diferentes redes sociais como un todo para así centralizar a comunicación, que se compartan seguidores, e ademais, comunicalas coa páxina ateneísta, lugar onde o público pode atopar información dunha maneira rápida e ordenada.





SALVADOR GARCÍA BODAÑO





Ver en El Correo Gallego