Hemeroteca

Inicio de actividades

Compartir
A Xunta Directiva do Ateneo de Santiago retoma as actividades coas medidas estritas que minimicen os efectos da covid-19 e cumprindo as normas que as autoridades sanitarias indicaron. A estes efectos haberá restricións no aforo aos actos (non máis alá de 60 persoas) á vez que as distintas actividades (Os Luns do Ateneo, Club de Lectura, etc.) terán unha periodicidade quincenal.

Achégase un Protocolo de actuación elaborado pola Consellería de Sanidade e do Ministerio, de obrigado cumprimento xeral e de cuxa aplicación e vixilancia se encargará a ateneísta, diplomada en Enfermería, Dona Isabel Veiguela. Confiamos que xa dende o mes de outubro, iniciemos a actividade cultural e cidadá, dando conta na nosa web e correo electrónico.


PROTOCOLO FRONTE Á COVID-19. 


Temperatura: toma a temperatura ao saír da casa. Se é superior a 37,5º, queda na casa.


Síntomas: se tes síntomas compatibles coa covid-19 (tose, febre superior a 37,5º, dificultade respiratoria, perda de olfacto...) ou estiveches nos últimos 14 días con persoas con covid, íllate na casa e chama ao teu centro de saúde. Se os síntomas son na actividade, avisa ao persoal da organización.


Máscara: uso obrigatorio todo o tempo das actividades. Importante poñela e quitala correctamente, desinfectando as mans antes e despois. Non se permiten máscaras con válvula.


Desinfeccións de mans: é obrigatorio desinfectalas con xel hidroalcólico ao acceder aos espazos das actividades.


Etiqueta respiratoria: moi importante non tocar ollos, nariz e boca ao tusir e esbirrar (incluso coa máscara), cubrindo a boca e o nariz con panos dun uso ou co interior do cóbado, logo desinfectar as mans.


Distancia de seguridade: é obrigatoria a distancia de 1,5 metros o tempo que se estea nas actividades, incluso coa máscara.


Asento asignado: permanece no asento asignado na actividade ata que o persoal che indique abandonala. Non intercambiar asento con outras persoas e non tocar butacas, pasamáns e elementos dos espazos. Prohibido entrar ou saír do local senón o indica o persoal e a actividade está en curso.


Ascensor: só para persoas con mobilidade reducida.


Aseos: uso individual.


Entrada, saída e circulación: respecta sinais de circulación en locais e as instrucións do persoal no acceso e abandono dos espazos, non parar en corredores e portas para non cortar o fluxo de persoas e as entradas e saídas sen aglomeracións. Respecta a hora de entrada. Non permitido ir saudar e felicitar a conferenciantes, músicos e quen impartan actividades para evitar retraso no desaloxo.


Menores: os adultos que acompañen a menores garantirán que respecten as normas indicadas.


Organización: os locais e seu contido desinfectaranse antes das actividades. Para seguridade dos usuarios as actividades terán unha periodicidade de 15 días, respectando a capacidade e realizándose un rexistro nomes e teléfonos dos asistentes. Non se usarán micrófonos de man nin se entregarán documentos en papel.


O Ateneo de Santiago ábrese ao curso 2020-2021.


Ver en El Correo Gallego