Conferencia «O último misterio da intelixencia artificial somos nós» de Juan Graña
- Data
- Luns, 9 de novembro de 2026
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso exclusivo para ateneístas ata as 19.20h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala
O luns, 9 de novembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, unha conferencia en colaboración co proxecto Filosofía na Rúa 2026 do Instituto de Investigación en Humanidades e a Facultade de Filosofía da USC, titulada «O último misterio da intelixencia artificial somos nós», que estará impartida por Juan Graña, CEO e fundador de Neurologyca, empresa de investigación en IA.
Juan Graña Rodríguez é CEO e fundador de Neurologyca, empresa de investigación que desenvolve modelos de intelixencia artificial para entender o comportamento e emocións do ser humano aplicadas a diferentes ámbitos da sociedade e cun foco importante na comprensión máquina-humano. Profesional do marketing e especialista no desenvolvemento e aplicación de tecnoloxías e metodoloxías baseadas en neurociencia, posúe unha ampla experiencia en consumer insights, consultoría e investigación de mercado, tendo traballado para marcas como Pepsi, Nestlé, Volkswagen, Movistar, Banco Santander, Verisure, Warner, Mediaset ou Atresmedia, entre outras. En 2022 foi galardoado como CEO do Ano nos Premios La Razón, na categoría Neurociencia e Investigación de Mercado, e en 2026 obtivo o Premio «Top 100 directivos PYMES» de ABC. É membro de Forbes Technology Council e Mentor pola Universidade da Rioxa e conta con experiencia como presidente de International Neuroessence Company, director de Marketing de empresas internacionais como Grupo Editorial Pearson e Essilor-Luxottica, director xeral da Cadea Natural Optics Group, director de contas do grupo de publicidade Ogilvy e profesor e formador de Máster en distintas universidades (IE Bussiness School, Universidade Complutense de Madrid, Universidade de Burgos e Universidade do País Vasco).