Mesa redonda «O Informe PISA» con Fernando Fraga, Luis Mateo Sáez e Óscar Couto
- Data
- Luns, 2 de novembro de 2026
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso exclusivo para ateneístas ata as 19.20h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala
O luns, 2 de novembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, unha mesa redonda titulada «O Informe PISA», que contará coa participación de Fernando Fraga, Profesor de Didáctica e Organización Escolar da USC; Luis Mateo Sáez, ex-Asesor técnico da Consellería de Educación; e Óscar Couto, Director do IES Eduardo Pondal.
Fernando Fraga Varela é profesor titular de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Santiago de Compostela, así como da materia «Investigación en avaliacións de programas e institucións» do Máster Universitario en Procesos de Formación. Tamén é Delegado de Innovación Educativa da USC e pertence ao Grupo de Referencia Competitiva Stellae, onde foi elixido presidente o pasado mes de setembro.
Luis Mateo Sáez Abuín é profesor de ensino secundario e ex-asesor técnico da Consellería de Educación. Como ex-xefe do servizo de Avaliación e Calidade da Subdirección Xeral de Inspección Educativa, participou no desenvolvemento do Informe PISA en Galicia.
Óscar Couto Viñeglas é Director do IES Eduardo Pondal.