Presentación do libro «Alfredo Vicenti. Vida e obra dun gran xornalista» de Baldomero Cores Trasmonte

Data
Luns, 28 de setembro de 2026
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 28 de setembro, ás 19.30h, o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, a presentación do libro «Alfredo Vicenti. Vida e obra dun gran xornalista» de Baldomero Cores Trasmonte, como conmemoración do 110 aniversario do pasamento de Alfredo Vicenti. 

No acto participarán: 
           - Francisco Candela, presidente do Ateneo de Santiago
           - Valentín García, secretario xeral da Lingua
           - Xosé Ramón Pousa, ex-decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
           - Xulia Campo Vázquez, presidenta da Asociación de Periodistas de Santiago
           - Juan Carlos Cores, fillo do autor

Ao rematar o acto, farase entrega dun exemplar da obra a todas as persoas asistentes.

ALFREDO VICENTI. VIDA E OBRA DUN GRAN XORNALISTA
O Ateneo de Santiago leva anos reivindicando a figura e a obra do compostelán Alfredo Vicenti como unha das personalidades máis destacadas do xornalismo de finais do século XIX e principios do XX. Xornalista, escritor e político, Alfredo Vicenti, principal promotor da creación a finais do século XIX da Asociación da Prensa de Madrid, pasou con brillantez por todos os niveis da profesión. Médico, poeta, republicano e federal, formouse xornalisticamente sendo moi novo en El Diario de Santiago. Por discrepancias coa curia eclesiástica, abandonou a cidade galega e instalouse en Madrid. Atraído polo escritor e xornalista galego Manuel Antonio M. Murguía, pasou a formar parte de La Ilustración Gallega y Asturiana, da que chegou a ser director nunha etapa na que recibiu o nome de La Ilustración Cantábrica. Foi tamén director de El Globo e de El Liberal, un dos diarios máis importantes da súa época. O seu maxisterio transcendeu máis alá da súa profesión e os seus discípulos elevárono á categoría de «mestre de mestres» do xornalismo. Esta tradución ao galego da que, sen dúbida, é a biografía máis importante do ilustre xornalista, afonda na súa transcendencia para o periodismo moderno. 

BALDOMERO CORES TRASMONTE (Cee 1929-Santiago 2014)
Licenciado en Dereito e Políticas, investigador incansable, autor de máis de vinte libros e centos de artigos científicos, foi un xornalista excepcional en La Noche, Faro de Vigo e El Correo Gallego, especialmente nas décadas dos anos 50-60, chegando a ser o primeiro delegado de La Voz de Galicia en Santiago. Amais da súa faceta xornalística, Cores foi profesor de Dereito na Universidade Central de Madrid, catedrático de Socioloxía en Porto Rico, onde estivo 20 anos, e, ao seu regreso a Compostela, profesor asociado da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC (1991-95) e letrado do Parlamento Galego (1983-99).

Próximos eventos Ver axenda