Clases de meditación 2025-2026

Data
Mércores, 10 de xuño de 2026
Horario
19.00h
Lugar
Sala de Actividades do Ateneo de Santiago
Compartir

Este curso 2025-2026 o Ateneo de Santiago continuará coas clases de meditación, que se desenvolverán ás 19.00 horas na Sala de Actividades do Ateneo de Santiago, todos os mércores nas seguintes datas:
  - 15, 22 e 29 de outubro
  - 5, 12, 19 e 26 de novembro
  - 3, 10 e 16 de decembro
  - 14, 21 e 28 de xaneiro
  - 4, 11 e 25 de febreiro
  - 4, 11, 18 e 25 de marzo
  - 8, 15, 22 e 29 de abril
  - 6, 13, 20 e 27 de maio
  - 3 e 10 de xuño

Ademais da meditación, este ano vaise ler o libro Vipassana, de Joseph Goldstein e Jack Kornfield. Aínda que esta obra é apta para principiantes, é recomendable ter lido con anterioridade Los 4 Fundamentos del Mindfulness, de Bhante H. Gunaratana. Ambas as dúas obras poden encargarse na Libraría Follas Novas.

Esta actividade é gratuíta e exclusiva para os/as socios/as do Ateneo. O número de prazas dispoñibles é limitado polo que é preciso inscribirse previamente no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal. A admisión de participantes permanecerá aberta ata o mes de decembro. As persoas que queiran incorporarse ao grupo a partir do mes de xaneiro, deberán agardar pola autorización da coordinadora do grupo.

Próximos eventos Ver axenda