Faladoiro «Voluntarios comprometidos en saúde mental: Itínera»

Data
Mércores, 27 de maio de 2026
Horario
19.30h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Ateneo Solidario
Compartir

O mércores, 27 de maio, ás 19.30 horas o Ateneo de Santiago ten programado no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo (Praza de Salvador Parga, 4-2º) un Faladoiro titulado «Voluntarios comprometidos en saúde mental: Itínera», que contará coa participación de Carlos Martínez Uzal, Coordinador da Asociación Itínera, Voluntarios en Saúde Mental, e María del Carmen Seoane, Directiva da entidade.

Este faladoiro xorde da colaboración establecida entre o grupo de traballo Ateneo Solidario coa Asociación ITÍNERA, por ser o seu traballo en pro da saúde mental, un tema importante e de interese xeral para os socios do Ateneo e para a cidadanía de Santiago.

No faladoiro farase unha exposición xeral das persoas que compoñen Itínera e as liñas de acción que están desenvolvendo para satisfacer as necesidades dos seus usuarios e voluntarios comprometidos.

A Asociación Itínera, Organización se ánimo de lucro, vén desenvolvendo o seu traballo  a través dunha gran diversidade de actividades co obxectivo de mellorar día a día a inclusión persoal, social e laboral das persoas con trastornos derivados da saúde mental para que alcancen progresivamente unha boa autonomía, que favoreza a súa inclusión social, a través de actividades de corte educativo, cultural e laboral.

Próximos eventos Ver axenda