Conferencia «Aida Fernández Ríos: da produtividade das rías á acidificación oceánica» de Fiz Fernández

Data
Luns, 1 de xuño de 2026
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso exclusivo para ateneístas ata as 19.20h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala.

Esta conferencia transmitirase en directo a través da páxina web do Ateneo www.ateneodesantiago.gal e a canle de Youtube Ateneo de Santiago

Compartir

O luns, 1 de xuño, ás 19.30h o Ateneo de Santiago, en colaboración coa Real Academia Galega de Ciencias, ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, unha conferencia titulada «Aida Fernández Ríos: da produtividade das rías á acidificación oceánica», que estará impartida por Fiz Fernández, Profesor de Investigación do CSIC e membro da Real Academia Galega de Ciencias.

Fiz Fernández Pérez é Profesor de Investigación do CSIC e membro da Real Academia Galega de Ciencias. Dende hai máis de catro décadas dedica a súa carreira ao estudo do océano, en particular a como o mar absorbe dióxido de carbono, como cambian as súas augas co paso do tempo e como estas transformacións afectan ao clima do planeta. É autor de máis de 230 traballos científicos amplamente citados a nivel internacional e participou como investigador principal en numerosos proxectos de investigación. Ao longo da súa traxectoria tomou parte en máis de vinte campañas oceanográficas que suman arredor de 850 días no mar, incluíndo dous descensos no submarino Nautile para inspeccionar o pecio do Prestige. Ademais da súa actividade investigadora, formou a varias xeracións de científicos e científicas a través da dirección de máis de vinte teses doutorais. O seu traballo contribuíu de maneira decisiva a situar a oceanografía española no contexto internacional.

Próximos eventos Ver axenda