Proxección da película «Contratei un asasino a soldo» de Aki Kaurismäki

Data
Martes, 2 de xuño de 2026
Horario
19.00h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

PROGRAMA CICLO «O CINEMA DE AKI KAURISMÄKI»

Compartir

O martes, 2 de xuño, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela) a proxección da película «Contratei un asasino a soldo» (I Hired a Contract Killer), comprendida dentro do Ciclo «O cinema de Aki Kaurismäki» do Cineclub Ateneo. 

Contratei un asasino a soldo (I Hired a Contract Killer)
Director: Aki Kaurismäki
1990, 79 minutos
Un home gris e sen ganas de vivir contrata un asasino a soldo para que acabe coa súa vida, pois el non ten valor para facelo. Pero, inesperadamente, coñece a unha muller e cambia de idea: quere seguir vivindo. O problema consiste en que debe atopar ao asasino que contratou antes de que este execute a súa macabra encarga.

Próximos eventos Ver axenda