Proxección da película «A rapaza da fábrica de mistos» de Aki Kaurismäki

Data
Martes, 26 de maio de 2026
Horario
19.00h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

PROGRAMA CICLO «O CINEMA DE AKI KAURISMÄKI»

Compartir

O martes, 26 de maio, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela) a proxección da película «A rapaza da fábrica de mistos» (Tulitikkutehtaan tyttö [The Match Factory Girl]). Esta película, comprendida dentro do Ciclo «O cinema de Aki Kaurismäki» do Cineclub Ateneo, estará presentada e comentada por Rosa Rodríguez Porto, Profesora de Historia da Arte da USC. 

A rapaza da fábrica de mistos (Tulitikkutehtaan tyttö [The Match Factory Girl])
Director: Aki Kaurismäki
1990, 69 minutos
Unha moza solitaria fai un traballo mecánico e rutineiro nunha fábrica de mistos. Cando chega á casa debe soportar ao seu perverso padrasto e a falta de cariño da súa nai. Polas noites sae a bailar, intentando divertirse e encontrar parella, pero nunca ten sorte. Terceira e última entrega da chamada «Triloxía do proletariado».

Próximos eventos Ver axenda