Proxección da película «Ariel» de Aki Kaurismäki

Data
Martes, 19 de maio de 2026
Horario
19.00h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

PROGRAMA CICLO «O CINEMA DE AKI KAURISMÄKI»

Compartir

O martes, 19 de maio, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela) a proxección da película «Ariel», comprendida dentro do Ciclo «O cinema de Aki Kaurismäki» do Cineclub Ateneo. 

Ariel
Director: Aki Kaurismäki
1988, 70 minutos
Taisto Kasurinen é encarcerado por un crime que non cometeu. No cárcere só soña con deixar a súa vida e empezar unha nova fóra do seu país. Un día consigue escapar pero as cousas non sairán tal e como as tiña planeado. Segunda entrega da chamada «Triloxía do proletariado».

Próximos eventos Ver axenda