Conferencia «O mundo en disputa: quen manda na xeopolítica do século XXI» de Ruth Ferrero

Data
Luns, 18 de maio de 2026
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso exclusivo para ateneístas ata as 19.20h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala.

Esta conferencia transmitirase en directo a través da páxina web do Ateneo www.ateneodesantiago.gal e a canle de Youtube Ateneo de Santiago

Compartir

O luns, 18 de maio, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, unha conferencia titulada «O mundo en disputa: quen manda na xeopolítica do século XXI», que estará impartida por Ruth Ferrero, Profesora de Ciencia Política na Universidade Complutense de Madrid.

Ruth Ferrero-Turrión é Doutora Internacional en Ciencia Política e Relacións Internacionais e profesora no Departamento de Ciencia Política e da Administración, ademais de investigadora no Instituto Complutense de Estudios Internacionales (ICEI). Forma parte de diversos grupos de investigación sobre dereito internacional, migracións e política da Unión Europea. Premio de Investigación en Estudos Europeos da Fundación Yuste (2019), foi investigadora visitante en universidades como Columbia University, London School of Economics ou o Instituto Universitario Europeo de Florencia. A súa investigación céntrase en xeopolítica, política exterior da UE, migración e asilo, e crises das democracias. Colabora habitualmente como analista en medios nacionais e internacionais.

Próximos eventos Ver axenda