Seminario Europa «China dende Europa: oportunidades para a UE nun contexto internacional incerto» con Montserrat Pintado
- Data
- Xoves, 16 de abril de 2026
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Praza de Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela)
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O xoves, 16 de abril, ás 19:30 h, o Ateneo de Santiago, en colaboración coa Asociación Federalista de Galicia, organiza no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo (Praza de Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela) unha conversa con Montserrat Pintado, profesora de Relacións Internacionais da USC. O acto, que será presentado por Cristina Ares Castro-Conde, profesora de Política da Unión Europea, centrarase no tema «China dende Europa: oportunidades para a UE nun contexto internacional incerto».
Nun escenario no que a Unión Europea percibe como o seu aliado transatlántico se afasta progresivamente das prioridades europeas, e no que o mundo é cada vez menos multilateral e máis dominado pola lóxica da política de poder, a UE enfróntase a importantes incertezas sobre a súa proxección internacional. Ao mesmo tempo, China comeza a consolidarse non só como un actor clave en termos de capacidades materiais, senón tamén, de maneira sorprendente, como un crecente defensor da orde internacional. Nestas coordenadas, a UE ten por diante o reto de xestionar unha cooperación máis beneficiosa con China e, eventualmente, de reformular a súa relación bilateral, que as institucións da Unión definiron hai uns anos a través da triple caracterización de China como socio, competidor e rival.
Montserrat Pintado é profesora permanente de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais na Universidade de Santiago de Compostela. Doutora e Premio Extraordinario de Doutoramento pola Universidade do País Vasco, publicou numerosos traballos sobre a proxección global de China e sobre as relacións deste país con Estados Unidos, Europa e os estados da súa contorna rexional, así como diversos artigos sobre a visión da academia chinesa respecto do ascenso internacional do seu país.