Faladoiro «Inclusión e discapacidade: O marco de acción de COGAMI»

Data
Mércores, 8 de abril de 2026
Horario
19.30h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Ateneo Solidario
Compartir

O mércores, 8 de abril, ás 19.30 horas o Ateneo de Santiago ten programado no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo (Praza de Salvador Parga, 4-2º) un Faladoiro titulado «Inclusión e discapacidade: O marco de acción de COGAMI», que contará coa participación de Juana María Tubío Ordóñez, Vicesecretaria de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) e Coordinadora de Promoción da Autonomía Persoal.

Este faladoiro xorde da colaboración establecida entre o grupo de traballo Ateneo Solidario con COGAMI, por ser un tema de interese xeral para o Ateneo de Santiago, que, como entidade cultural sen ánimo de lucro, ten entre os seus obxectivos dar coñecer á cidadanía o importante traballo da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade.

Defender a dignidade e os dereitos das persoas con discapacidade a través da inclusión social é, e debe ser, un obxectivo a ter moi en conta por todos os cidadáns ante as necesidades e demandas destas persoas, moitas das cales se atopan no noso contorno máis próximo, polo que interesa coñecer as liñas de acción que se están desenvolvendo para satisfacer ditas necesidades e para que alcancen progresivamente unha boa autonomía persoal e social, que favoreza a súa inclusión social.

COGAMI, como Confederación de asociacións, desenvolve o seu traballo en toda Galicia, a través de moi diversas asociacións, liñas de traballo e actividades. Por iso, como entidade colaboradora co Ateneo, participa nesta xuntanza para difundir e debater sobre o seu traballo con información xeral e especializada relacionada cos problemas da discapacidade. 

Próximos eventos Ver axenda