Conferencia «Estás vacinado fronte ao cancro, a demencia ou o infarto de miocardio?» de Federico Martinón

Data
Luns, 6 de abril de 2026
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso exclusivo para ateneístas ata as 19.20h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala.

Esta conferencia transmitirase en directo a través da páxina web do Ateneo www.ateneodesantiago.gal e a canle de Youtube Ateneo de Santiago

Compartir

O luns, 6 de abril, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, unha conferencia titulada «Estás vacinado fronte ao cancro, a demencia ou o infarto de miocardio?», que estará impartida por Federico Martinón, Xefe de Pedriatría do CHUS e membro do Comité Asesor de Vacinas da OMS.

Federico Martinón Torres (Ourense, 1971) é Doutor en Pediatría e investigador clínico, Xefe e Coordinador do Servizo de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago (2016), Xefe de Pediatría Clínica Infectolóxica e Translacional (2013), Académico Correspondente da Real Academia de Medicina de Galicia (2001), Académico Numerario da cadeira de Pediatría da Real Academia de Medicina de Galicia (2023) e Catedrático de Pediatría da Universidade de Santiago. Licenciouse, graduouse e doutorouse en Medicina na Universidade de Santiago con Premio Fin de Carreira da Academia Nacional de Medicina e Premio á Mellor Tese Doutoral da Academia Nacional de Medicina. Realizou o MIR en Pediatría no Hospital Clínico Universitario de Santiago (1996-2000), logrando o Premio ao Mellor Médico Residente da súa promoción e un dos Premios Nacionais ao Mellor Médico Residente de todas as especialidades, e completou a súa formación en Children’s Memorial Hospital de Chicago (Estados Unidos). Coordina a Unidade de Investigación en Vacinas e o Grupo de Xenética, Vacinas, Infeccións e Pediatría (GENVIP) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, sendo os seus principais intereses investigadores as vacinas e as infeccións. Acumula un factor impacto superior a 5.500 (JCR 2024), a través de máis de 400 artigos e máis de 700 publicacións noutros formatos (libros, capítulos…), e dirixiu máis de 200 proxectos de investigación e ensaios clínicos, que xeraron 88 postos de traballo (41 vixentes) con cargo a fondos competitivos, cun presuposto acumulado de máis de 30 millóns de euros. O seu grupo é referencia internacional en infeccións e vacinas e está involucrado actualmente en 12 macroproxectos europeos FP7/H2020/IMI2: EUCLIDS, PREPARE, PoC-ID, PERFORM, ZIKAction, Euterpe_dna, RESCEU, PROMISE, conect4children, MULTILAB, MIMIR e DIAMONDS, nos que desempeñan a coordinación clínica internacional dende o SERGAS. Puxo en marcha unha unidade de mega-ensaios clínicos pragmáticos (GAFLU, SINCIGAL), ademais de coordinar a Rede Española de Ensaios Clínicos Pediátricos (RECLIP). Colabora como experto asesor en vacinas e é membro do Comité técnico asesor para Europa (ETAGE) da Organización Mundial da Saúde, dirixindo dende o ano 2018 o Centro Colaborador da OMS en Seguridade Vacinal de Santiago.

Próximos eventos Ver axenda