Visita á Costa de Morte: De Caión a Carnota
- Data
- Do 17 ao 19 de abril de 2026
- Máis información
Unicamente se rexistrarán as inscricións a través do enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal (non se rexistrará ningunha inscrición por teléfono, whatsapp ou outros medios que non sexa o indicado). A data límite para anotarse é o xoves, 19 de marzo, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude.
Do 17 ao 19 de abril o Ateneo de Santiago realizará unha visita á Costa da Morte, co seguinte itinarario:
VENRES, 17 DE ABRIL- De Santiago de Compostela a Caión e Laxe
8.00h. Saída da Rúa da Rosa de Santiago
Caión
No Concello da Laracha, onde comeza ou remata a Costa da Morte. Con pasado baleeiro, atópase en fronte de Punta Lagosteira.
Café e breve visita á localidade pesqueira, o porto e a súa praia.
Razo e Baldaio
Vista das súas praias en zona de marisma, con dunas e lagoas, con gran valor paisaxístico, xeolóxico, botánico e faunístico.
Buño
No municipio de Malpica de Bergantiños, lugar de oleiros, famoso pola súa olaría tradicional.
Visitarase o Ecomuseo Forno do Forte, conxunto restaurado de once vivendas de oleiros, cunha demostración de olaría, e o CAT - Centro de Artesanía e Tradición.
Malpica de Bergantiños
Comida en grupo
Paseo pola pintoresca localidade mariñeira, onde se atopa a Casa do Pescador, que contén a Colección Urbano Lugrís. Vista panorámica das Illas Sisargas.
Corme e Punta Roncudo
No municipio de Ponteceso.
Vista do porto, aldea e Punta Roncudo, hoxe un dos puntos fortes do marisqueo do percebe.
Ponteceso
Na comarca de Bergantiños, lugar de nacemento do poeta Eduardo Pondal, un dos organizadores do Banquete de Conxo en Santiago en 1856 como acto de confraternación entre obreiros, artesáns e estudantes de clase media elevada, como símbolo de respecto e igualdade, xesto que suscitou enfado nos sectores máis poderosos de Santiago. Hoxe Pondal é popular por ser o autor do poema «Os Pinos», base da letra do himno galego, xunto á composición musical de Pascual Veiga.
Pazo de Sergude: lugar singular na comarca e protexido como patrimonio histórico, nobre edificación galega de finais do século XVII, cun coidado xardín. Nel viviu temporadas o célebre pintor ferrolán Fernando Álvarez de Soutomaior.
Visita ao Dolmen de Dombate, catedral do megalitismo galego.
Traba
Na Alta Idade Media os Condes de Traba dominaban dende Fisterra ata Ribadeo. Paraíso salvaxe da Costa da Morte, con praia espectacular con moito oleaxe, dunas e lagoas.
Breve visita á Igrexa de Santiago de Traba, de base estrutural románica.
Breve paseo para ver as rochas curiosas modeladas pola erosión e forza do vento, ruta coñecida como os penedos de pasarela.
Laxe
Chegada a Laxe. Aloxamento no Hotel Playa de Laxe. Cea libre.

SÁBADO, 18 DE ABRIL- De Laxe a Muxía
Almorzo
Laxe
Localidade con encanto.
Visita ao casco histórico coa Igrexa Santa María da Atalaia, a Casa do Arco e o Museo do Mar de Laxe, declarado ben de interese cultural das comarcas de Bergantiños e Soneira, patrimonio antropolóxico, histórico e visual do século XIX ata os anos 70 do século XX, con especial atención á cultura marítima, onde se atopa o arquivo fotográfico Vidal, declarado Ben de Interese Cultural en 2019, que consta de 67.000 fotografías onde se ven os cambios sociais da zona.
Faro de Laxe, construído en 1920.
Baio
Visita ás Torres do Allo: un dos pazos máis antigos de Galicia, situado no municipio de Zas, construído pola familia Riobó no século XV.
Vimianzo
Visita aos Batáns e Muíños do Mosquetín.
Visita ao Castelo de Vimianzo, onde se atopa o Museo do encaixe artesán (Asociación de Amigos do Liño).
Comida en grupo

Camariñas
Breve visita á vila mariñeira, cuxas principais fontes de riqueza son a pesca o marisqueo e o turismo, con destacadas industrias no sector alimentario como é o famoso polbo de Camariñas. No artesanal é un referente internacional na elaboración dos encaixes de bolillos.
Parada no Miradoiro Alto da Vela, para desfrutar da sorprendente panorámica mariña.
Cabo Vilán e parada no Faro: primeiro faro eléctrico de España, construído en 1896.
O Cereixo
No concello de Vimianzo.
Visitarase a Igrexa románica de Santiago (s. XII, singular tímpano da Translatio), a Casa Rei de Viana, as torres de Cereixo, un muíño de mareas (no antigo porto fluvial de cereixo, importante na ría de Camariñas para peregrinos e comercio de cabotaxe) e un antigo hórreo de 19 pés.
Parada no Miradoiro Furna do Sapo.
Moraime
Visita á igrexa románica e mosteiro de San Xiao.
Muxía
Aloxamento no Parador Costa da Morte (magnífico balcón ao fin do mundo, excavado nun outeiro e mimetizado co verdor da zona, asomado á praia de Lourido e a escasa distancia do Cabo Fisterra) e cea en grupo.

DOMINGO, 19 DE ABRIL- De Muxía a Carnota e Santiago.
Almorzo
Muxía
Visita á localidade, Santuario e costa: Santuario Nosa Señora da Barca, a Pedra de Abalar, a Pedra dos Cadrís, o Porto e o Miradoiro do Monte Corpiño.
Cabo e Faro Touriñán
A 15 km ao norte de Lires, é unha pequena península e o punto máis occidental da Coruña e Galicia.
Fisterra
Comida en grupo.
Paseo polo porto: veremos a áncora do Casón.
Museo da Pesca: no Castelo de San Carlos (s. XVIII), inaugurouse en 2006.
Igrexa románica de Santa María das Areas: coa popular imaxe gótica e articulada do Cristo da Barba Dourada.
Cabo Fisterra, miradoiro e monumento ao emigrante (1993).
De paso, contemplarase o Cemiterio do Fin da Terra.
Lires
Localidade agrícola e mariñeira, na ría de Lires, a máis pequena de Galicia, a 13 kms de Corcubión, onde destaca a interesante Piscifactoría de Troitas do Grupo Tres Mares.
Corcubión
Localidade medieval con encanto, declarada conxunto histórico artístico.
Oficina de turismo e centro de exposicións: construída en 1854, antigamente foi cárcere do partido xudicial.
Casa do Concello: antiga escola construída en 1924 (Fundación José Carrera).
Casa Miñóns: de arquitectura tradicional galega con detalles modernistas, foi construída polo banqueiro Xosé Miñóns en 1899.
Cee
Interesante localidade pesqueira na ría de Cee, declarada conxunto histórico artístico.
Marismas de Caldebarcos: abundan as aves acuáticas, cormoráns, alcatraces, ostreiros, garzas e londras.
Ézaro e Fervenza
Verase a desembocadura do río Xallas, onde crea unha fervenza única en Europa.
Lira
Reserva Mariña Os Miñarzos: iniciativa pioneira da Cofradía de Pescadores de Lira, na aldea de Portocubelo, dedicada ao comercio ao por maior de produtos derivados da pesca.
Faro de Lariño.
Carnota
Praia e hórreos.
Miradoiro de Cornido.
Visita guiada ao taller do ceramista artesán Nacho Porto.
Miradoiro de Louredo: veremos a contorna natural, un dos puntos panorámicos máis impresionantes da Costa da Morte, situado na estrada que une San Mamede e As Paxareiras. Dende alí vese a praia de Carnota, as marismas de Caldebarcos, a desembocadura do río Lira e o Monte Pindo. Accesible en coche.
O Pindo «O Olimpo Celta»
Xa de volta, comentaranse datos e detalles sobre as lendas do Monte Pindo.

O prezo total aproximado da viaxe é de 340€ por persoa en habitación dobre.
Suplemento habitación individual (suxeito a dispoñibilidade): 110€
Suplemento persoas non socias do Ateneo: 65€
O prezo inclúe:
- Autobús
- 1 noite no Hotel Playa de Laxe*** en habitación dobre, en réxime de aloxamento e almorzo
- 1 noite no Parador Costa da Morte**** (Muxía) en habitación dobre, en réxime de media pensión
- 3 comidas en grupo
- Visitas
- Guías
O prezo non inclúe a cea do venres.
As inscricións deberán realizarse no enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal ata o xoves, 19 de marzo, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude. No caso de inscribirse máis persoas que prazas dispoñibles, as admisións realizaranse mediante un sorteo, que se levará a cabo o luns, 23 de marzo, ás 12h no local social do Ateneo, tendo preferencia de admisión os/as ateneístas. Aqueles que sexan admitidos deberán ingresar o importe da visita antes do prazo que se lle indique no mail de confirmación.
