Conferencia «A obra poética de Neira Vilas» de Miguel Anxo Fernán Vello

Data
Luns, 23 de marzo de 2026
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso exclusivo para ateneístas ata as 19.20h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala.

Esta conferencia transmitirase en directo a través da páxina web do Ateneo www.ateneodesantiago.gal e a canle de Youtube Ateneo de Santiago

Compartir

O luns, 23 de marzo, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, unha conferencia en colaboración coa Fundación Xosé Neira Vilas, titulada «A obra poética de Neira Vilas», que estará impartida por Miguel Anxo Fernán Vello, escritor e editor.

Miguel Anxo Fernán Vello (Cospeito, Lugo, 1958) é un dos poetas máis importantes da Galicia das últimas décadas, responsable así mesmo do seu máis relevante e lonxevo selo de poesía: Espiral Maior. Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega e o Centro PEN Galicia, desenvolve dende hai anos un destacado labor como articulista e colaborador dos medios e leva publicado libros de conversas con importantes persoeiros galegos, como o escritor e profesor Ricardo Carballo Calero ou o político, ensaísta e tamén profesor Xosé Manuel Beiras. Aínda que se ten dedicado ocasionalmente á tradución e á narrativa, destaca sobre todo o seu labor como poeta e dramaturgo. No eido teatral son da súa autoría títulos como A casa dos afogados (1981) ―estreado polo Centro Dramático Galego en 1991―, A tertúlia das máscaras (1981), A estraña señorita Lou (1982) e Auto insólito do autor (1985) ―os tres Premio da Escola Dramática Galega― e mais Cuarteto para unha noite de verao (1989) ―Premio Biblioteca do Arlequín. Como poeta é autor de case unha vintena de obras, entre as que salientan Seivas de amor e tránsito (1984) ―Premio da Crítica Española―, Livro das paisaxes vivas (1985) ―traducida ao catalán―, Memorial de brancura (1985) ―Premio Esquío―, As certezas do clima (1996) ―Premio Martín Codax, traducido ao italiano―, Capital do corpo (2004) ―Premio Miguel González Garcés―, Territorio da desaparición (2004) ―traducido ao castelán, Premio da Crítica Española―, Habitación do asombro (2013) ―tamén vertido ao castelán, Premio Cidade de Ourense― e Duración da penumbra ―Premio de Poesía Afundación―.

Próximos eventos Ver axenda