Visita guiada ao Museo de Historia Natural da USC

Data
Venres, 27 de febreiro de 2026
Horario
12.00h
Lugar
Museo de Historia Natural da USC
Máis información

Unicamente se rexistrarán as inscricións a través do enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal (non se rexistrará ningunha inscrición por teléfono, whatsapp ou outros medios que non sexa o indicado). A data límite para anotarse é o xoves, 12 de febreiro, admitíndose a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude.

Ateneo Viaxeiro
Compartir

O venres, 27 de febreiro, ás 12.00h o Ateneo de Santiago realizará unha visita guiada ao Museo de Historia Natural da USC, que terá un prezo de 5€ por persoa.

As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o xoves, 12 de febreiro.

Este museo ten a súa orixe no Gabinete de Historia Natural, creado en 1840, con coleccións destinadas á docencia universitaria. Na actualidade alberga importantes coleccións botánicas, zoolóxicas e xeolóxicas, algunhas delas elaboradas por profesores da universidade compostelá e por científicos e naturalistas galegos, e outras son resultado de doazóns, intercambios e adquisicións. Hai salientables coleccións, únicas en España, como a colección de modelos cristalográficos en madeira feita baixo a dirección de R. Haüy, ou a colección malacolóxica de Emilio Rolán. O museo posúe actualmente unha valiosa tipoteca, con máis de mil exemplares tipo, principalmente de moluscos, pero que inclúe tamén series tipo doutros moitos grupos de invertebrados (esponxas, insectos…).

Próximos eventos Ver axenda